Gómez Román, Bieito
Arquitecto. Foi profesor de teoría e historia da arte, e de construción xeral e técnica industrial na Escola de Artes e Industriais de Vigo, onde acadou a cátedra de Álxebra Superior e Xeometría Analítica (1904). Foi arquitecto director das obras do Empréstito de Vigo (1900-1905) e realizou o Mercado-peixería da Laxe (1900), o Mercado da praza do Progreso (1901), a dársena do Berbés (1901) e o Mercado de Contratación do Peixe (1902). Aínda que mostra ás veces certos elementos modernistas, a súa obra inscríbese no historicismo e no eclecticismo. Centrouse fundamentalmente no debuxo. Realizou, entre outras obras, unha casa na rúa Carral, pertencente á súa familia, cunha fachada simétrica con planta baixa e tres andares, e a casa para María Francisca Alfaya na mesma rúa (1901), na que Xenaro de la Fuente Domínguez engadiu un terceiro andar. Asinou o proxecto do Edificio Simeón en 1906, aínda que quen o rematou foi o seu irmán Manuel.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vigo -
Deceso
Lugar : Torrevieja