Gonçal’Eanes do Vinhal
Gonçal’Eanes do Vinhal
Trobador e rico-home portugués. O conflito orixinado pola sucesión ao trono portugués motivou que, sendo partidario de Sancho II, tivese que marchar cara a Castela, onde entraría en contacto cos trobadores Pero Garcia d’Ambroa, Pedr’Amigo de Sevilha, Pero Gomez Barroso, Johan Baveca ou Afons’Eanes do Coton, cos que conformaría o círculo dedicado á soldadeira María Balteira. O seu corpus lírico componse de 17 cantigas, 8 de escarnio e 9 de amigo, conservadas no cancioneiro V, mentres que o B apenas transmite as de amigo; ademais, a Tavola Colocciana atribúelle 15 cantigas de amor non conservadas.
Cronología
-
Deceso