Gondi, Jean François Paul de

Gondi, Jean François Paul de

Político e escritor francés. Coñecido como o Cardeal de Retz, participou activamente na conxura do conde de Soissons contra Richelieu (1641) e nas revoltas da Fronda (1648-1649), nas que organizou o rexemento de Corinto. En marzo de 1652 recibiu o arcebispado de París, ao que renunciou, e un ano máis tarde foi elixido cardeal. Apresado por Luís XIV por causa das súas continuas intrigas, conseguiu fuxir e refuxiarse en Roma, onde se enfrontou ao papa ao apoiar os xansenistas. De volta a Francia (1661), recibiu o perdón real, renunciou ao seu cargo (1662) e retirouse á abadía de Saint Denis. Das súas obras destacan Histoire de la conjuration de Fiesque (1636) e Mémoires (1655).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Montmirail

  • Deceso

    Lugar : París