Gondola, Andrea di Pietro della
Arquitecto e teórico italiano. Tomou o nome de Andrea Palladio en honor de Palas Atenea (Pallade Atena). En Vicenza traballou con Gian Giorgio Trissino, o seu protector, que o levou a Roma, onde estudiou os tratados clásicos e os monumentos clásicos e da súa época. Regresou a Vicenza en 1546, onde construíu, entre outros, os palacios della Ragione e Chiericati, as vilas Capra, coñecida como La Rotonda (1550-1552), e Barbaro en Maser, as igrexas de San Giorgio Maggiore (1565-1580) e Il Redentore (1576-1592), amais do Teatro Olimpico, iniciado en 1580. Fixo unha interpretación dos modelos clásicos que creou unha escola, o palladianismo, e influíu no neoclasicismo. Escribiu Le antichità di Roma (1554) e o tratado teórico I quattro libri dell’architettura (1570).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Padua -
Deceso
Lugar : Maser, Treviso