Gondrame, San Vicente de
Gondrame, San Vicente de
Igrexa parroquial situada no Páramo. De orixe románica, só conserva a fachada pois a nave e a ábsida construíronse ao longo dos ss XVII e XVII. O arco triunfal é de medio punto. No lado N engadiuse un corpo que funciona de sancristía. A porta principal está formada por tres arquivoltas de medio punto de sección rectangular. Ten espadana de dous vans.