Gondwana

Gondwana

Rexión da India central, situada ao N do Deccan, estendida polos estados de Madhya Pradēsh e Mahārāshtra. Posúe cultivos de algodón, trigo, millo e arroz, e minas de carbón, ferro e manganeso. A cidade principal é Nāgpur.