González Martín, Gerardo

González Martín, Gerardo

Escritor e xornalista. Foi redactor xefe de Radio Popular (1972-1979) e dirixiu El Correo Gallego (1970-1972), Radio Popular de Vigo e o seu circuíto galego (1983-1987), Atlántico Diario (1986), a Televisión de Galicia (1987), Antena 3 de Vigo e Pontevedra (1987-1988), Radio Popular de Valladolid e o circuíto castelán da COPE (1988-1989). A partir de 1991 foi director rexional de COPE e, posteriormente, director xeral de Televigo (1998-1999). No eido político, foi delegado provincial do ministerio de Cultura e secretario provincial de UCD en Pontevedra (1979-1981). Ademais, foi deputado autonómico pola UCD na I lexislatura (1981-1985). Publicou El Luciérnaga (1960), 100 años para conseguir la feria de la pesca. La vocación ferial de Vigo (1985), Un siglo de servizo a Vigo. 1886-1986 (1986), Vigo no espello dos nosos avós (1991), El orgullo de ejercer de vigués en la provincia de Pontevedra (1995), Gallegos al volante 1900-1930 (1995), Periodistas, impulsores del viguismo. 1874-1923 (1996). Obtivo o galardón de Vigués Distinguido (1999) e recibiu o premio do RACE, polos seus traballos sobre o automóbil, e o Luis Taboada, concedido polo Concello de Vigo e a Asociación de Prensa.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ávila