González Reigosa, Carlos
Escritor e xornalista. Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidad Complutense de Madrid, estudiou xornalismo na Escuela de Periodismo de Madrid. Colaborou en diversas publicacións con artigos sobre crítica literaria e teatral, e sobre política internacional. Xefe da sección de Cultura e Ciencia da axencia EFE (1977-1979), exerceu tamén como delegado xeral en Galicia (1979-1983), como redactor xefe en EFE nacional en Madrid, como director de información (1990-1997) e desde 1997 como director de publicacións, análises e estilo. Das súas obras destacan Oxford, amén (1982), Homes de Tras da Corda (1982), Crime en Compostela (Premio Xerais de Novela 1984), O misterio do barco perdido (1988), Fuxidos de sona (1990), La agonía del león (1995, Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura Testemuñal en 1996), A guerra do tabaco (1996), O Doutor Livingstone, supoño (1998), Dous máis dous (1998), Al otro lado de la montaña (2001), Narcos (2001) e Intramundi (2002). Recibiu o Premio Fernández--Latorre de Periodismo (2003)
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Pastoriza