Gordon, George Noel

Gordon, George Noel

Poeta romántico, sexto barón Byron de Rochdale. Coñecido como Lord Byron, foi educado en Aberdeen pola súa nai, unha nobre escocesa. De 1809 a 1812 viaxou pola Península Ibérica, Grecia e Turquía, e compuxo os dous primeiros cantos de Childe Harold’s Pilgrimage (1812), obra autobiográfica. De 1813 a 1816 publicou os poemas narrativos The Giaour, The Bride of Abydos, The Corsair, Lara e The Siege of Corinth. Acusado de crueldade e loucura pola súa ex-muller e tamén de manter relacións incestuosas coa súa medio irmá Augusta Leigh, abandonou Inglaterra en 1816 e viaxou por Bélxica, Alemaña e Suíza, onde faría amizade co poeta Percy B. Shelley. Compuxo daquela o terceiro canto do Childe Harold’s Pilgrimage, e ao ano seguinte, en Florencia, escribiu o cuarto. Neste período escribiu tamén os dramas Manfred e Cain e as traxedias Don Juan, Marino Faliero, The two Foscari e Sardanapalus. En 1821 estableceuse en Pisa e, dous anos despois, aceptou participar na loita pola independencia de Grecia, onde adquiriu fama de heroe.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Londres

  • Deceso

    Lugar : Mesolóngion, Grecia