Gorgān
Gorgān
Cidade do ostān de Golestan, Irán, situada ao longo dun tributario do río Qareh, preto do mar Caspio (188.710 h [1996]). Do seu patrimonio cultural destacan os restos das antigas murallas e a torre mausoleo de Gunbad-i-Qabus (s XI).