Gorgona
Gorgona
[MIT]
Cada un dos tres seres monstruosos da mitoloxía grega, fillas das divindades mariñas Forcis e Ceto. De nomes Esteno, Euríale e Medusa, habitaban no confín do mundo. Tiñan serpes ao redor da cabeza, grandes cabeiros semellantes aos dun xabaril, mans de bronce e ás de ouro. Os seus ollos botaban chispas e a súa mirada era tan penetrante que convertían en pedra a quen as miraba. Medusa, a única mortal das tres, foi asasinada por Perseo coa axuda de Atenea. Cando Posidón se uniu a Medusa, o heroe marchou a Occidente para matala; así, un día, aproveitando que durmía, cortoulle a cabeza e do seu pescozo saíron os dous seres que Posidón lle enxendrara, Pegaso e Crisaor.