gorgonáceo -a

gorgonáceo -a

(< lat científico Gorgonia)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos gorgonáceos.

  2. s m [ZOOL]

    Cnidario da orde dos gorgonáceos.

  3. s m pl [ZOOL]

    Orde de cnidarios da subclase dos alcionarios que agrupa a especies coloniais que alcanzan ata 2 m. As colonias fórmanse por un eixe común ou calcário, onde se aloxan os pólipos. No Mediterráneo existen o coral vermello e o negro, e nos mares tropicais, as gorgonias.

Palabras veciñas

gorgolexo | gorgomil | Gorgona | gorgonáceo -a | gorgoneion | gorgonia | Gorgonzola