Gorizia

Gorizia
Nome científico: [esloveno: Gorica]

Capital da provincia homónima, no Friuli-Venecia-Xulia, Italia (35.401 h [2001]). Está situada na saída do val de Isonzo, nun lugar de paso das vías transalpinas. A poboación italiana fala o friulano, pero tamén se fala o esloveno. Colonia romana, pertenceu a Austria ata 1916, cando foi conquistada polo exército italiano. Trala Segunda Guerra Mundial, converteuse nunha cidade fronteiriza e foi asignada en parte a Iugoslavia, actualmente Eslovenia. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo medieval e as igrexas do Santo Spirito e de San Ignazio.