Gosbank
Gosbank
Nome científico:
[Gosudarstvenny Bank]
Banco central da URSS creado en 1921. De propiedade estatal, dependía do ministerio de Finanzas. Era un órgano de planificación e de control do plan xeral económico e responsable da emisión e da regulación do volume de moeda en circulación. Posuía o monopolio do crédito a curto prazo e recibía e redistribuía todos os orzamentos estatais a fondo perdido. En 1990 perdeu o monopolio financeiro e converteuse no banco central do novo sistema bancario ruso.