Goslar

Goslar

Cidade do land da Baixa Saxonia, Alemaña, na beira do Harz (46.300 h [1990]). É un centro turístico e industrial. Nos arredores hai minas de cinc e cobre. Fundada na Idade Media, foi unhas das cidades máis destacadas da Liga Hanseática. Do seu patrimonio cultural destacan as antigas minas de ouro de Rammelsberg e o núcleo antigo da vila. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1992).