Gotia

Gotia

Rexión ocupada polos visigodos, como pobo federado do Imperio Romano desde o s V, que se correspondía aproximadamente coa Galia Narbonense. Esta denominación empregouse fundamentalmente na época carolinxia, pero recibiu tamén o nome de Septimania. O gobernador de Gotia adquiriu o título de marqués.