Göttingen

Göttingen

Cidade do land da Baixa Saxonia, Alemaña (124.775 h [2000]). Está situada ao pé da Selva de Göttingen e ao O desta, á beira do curso superior do Leine e está atravesada polo Leinekanal. A cidade tivo un certo desenvolvemento comercial e industrial (manufacturas de instrumentos ópticos, científicos e de precisión). Foi capital do principado homónimo. Integrada na Liga Hanseática, fíxose famosa pola súa universidade, fundada en 1737. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Heilig Johannis, o edificio do antigo concello (ss XII-XV), a casa Schrödersches (1549) e Junkernschänke (ss XV-XVI).