gozo
gozo
(< lat gaudĭu)
-
s
m
Sensación ou sentimento de pracer e alegría que produce algunha cousa no espírito.
Ex: É un gozo poder escoitar esta música celestial.
Sinónimos: deleite, delicia. -
s
m
Sensación pracenteira e agradable que experimentan os sentidos. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Non hai gozo cumprido; que así que está logrado, xa está fuxido”.
Ex: Para ela foi un gozo poder ver tan de cerca ó seu actor preferido. É un gozo poder pasar uns días aquí.
-
s
m pl
[LIT]
Composición poética cantada, xeralmente en loanza da nai de Deus ou dun santo. A literatura latina medieval ofrece, polo menos desde o s XII, pezas en verso ou en prosa que exaltan os gozos de María, sucesos alegres da súa vida terreal ou celestial.