Gozón

Gozón

Municipio do Principado de Asturias, no cabo de Peñas, preto de Avilés (11.074 h [2001]). É un centro agrícola (millo, fabas, patacas e mazás) e gandeiro. Practícase a pesca e posúe unha industria alimentaria e minas de ferro en Duro Felguera. As súas orixes remóntanse ao castelo que mandou construír fronte á costa Afonso III e que doou á igrexa de Oviedo. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a igrexa románica de San Jorge de Manzaneda (ss XII-XIII), o hospital e capela de San Juan Bautista (ss XVII-XVIII), o palacio dos Menéndez de la Pola (ss XVII-XVIII), a casa modernista dos Mori (1902) e o Museo Marítimo de Asturias.