Gozzoli, Benozzo

Gozzoli, Benozzo

Pintor florentino. De nome Benozzo di Lesse, foi discípulo de L. Ghiberti e colaborou na decoración da capela de Nicolao V no Vaticano (1447) con Fra Angelico. Continuador do estilo deste e do de Filippo Lippi, a súa obra caracterizouse polo gusto, pola anécdota e polas amplas paisaxes poboadas de pequenas figuras. Destacan os seus frescos A cabalgata dos Reis Magos (1459-1465) na capela do palacio Medici Ricardi de Florencia, a Vida de san Francisco no convento de Montefalco (1450-1452) e a Vida de santo Agostiño en San Gimignano (1463-1465).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Florencia

  • Deceso

    Lugar : Pistoia