GPS
Sistema de xeorreferenciación que utiliza a constelación de satélites Navstar da forza aérea de EE UU. O sistema baséase na medición da distancia do receptor aos satélites, o que permite coñecer a súa localización xeográfica (latitude, lonxitude e altitude). Desenvolvido na década de 1950, despois da Guerra de Vietnam aprobouse o seu uso civil, aínda que os datos proporcionados introducían erros de precisión premeditados de entre 50 m e 80 m. En 1975 empezouse a utilizar en España. O anuncio da pretensión da Unión Europea de desenvolver un sistema propio (GALILEO) de utilización civil que eliminase o erro de precisión predeterminado, provocou que o presidente B. Clinton, influído pola industria estadounidense, ordenara afinar a precisión do sistema ata 5 m.