Graaf, folículo de
Graaf, folículo de
[ANAT]
esícula que se forma por tecido epitelial e que contén o óvulo ou célula xerminal da femia. Contrariamente ao que acontece no macho, no momento do nacemento o ovario ten un número determinado de folículos (400.000-500.000 na muller), que xa non aumenta máis. En cada ciclo menstrual madura un, que expulsa o contido -o óvulo- cara á trompa e á matriz. Os folículos non maduros atrófianse, de tal maneira que, ao chegar a menopausa, de-sapareceron case totalmente.