Gracia Real, marquesado de

Gracia Real, marquesado de
[HIST/HERÁLD]

Título concedido por Filipe V, o 13 de setembro de 1729, a Pedro de Castro Salazar y Figueroa, señor de San Xían de Cela, primeiro duque da Conquista, cabaleiro da orde de Santiago e vicerrei de México (1740-1742). En 1803 pasou aos Villarroel e trala morte sen sucesión de María de la Natividad Quindós y Villarroel o marquesado foi rehabilitado no descendente dun irmán do primeiro marqués, Ignacio de Arenillas y López de Chaves. As súas armas son escudo terciado en pao: o primeiro, de prata, con seis roeles de azur; o segundo, de goles, con trece estrelas de ouro; e o terceiro, de ouro, con cinco follas de figueira de sinople.

Palabras veciñas

gracia | Gracia | Gracia Plaza, Isidoro | Gracia Real, marquesado de | Gracia, pazo da | graciable | Gracián Morales, Baltasar