gracia

gracia

(

  1. s f
    1. Calidade ou conxunto de calidades que fan atractiva ou agradable a unha persoa ou cousa independentemente da súa beleza.

      Ex: Aínda que non é moi guapo, ten certa gracia. A graza das filloas está en comelas no Entroido.

    2. Habilidade natural ou soltura ao facer algo.

      Ex: Desde pequena canta con moita gracia.

  2. s f
    1. Capacidade ou calidade que ten alguén ou algo para facer rir, divertir ou sorprender. Na tradición oral recóllese o dito: “Vale máis caer en graza que ser gracioso”.

      Ex: Os seus chistes non teñen gracia. Ten moita graza contando as historias de cando era un rapaz.

    2. Aquilo que divirte ou fai rir. Na tradición oral recóllese dito: “A peor graza é caer en desgracia”.

      Ex: Todos rían as grazas do xefe.

    1. s f

      Disposición protectora e amigable cara a alguén por parte dunha persoa poderosa.

      Ex: Durante o seu mandato gozou da gracia real.

    2. s f [DER]

      Beneficio especial concedido polo poder público sen compensación directa, outorgado a favor de persoas físicas, xurídicas ou de institucións.

      Confrontacións: mercé, mercé.
    3. s f [DER]

      Facultade das máis altas maxistraturas do Estado, consistente en conceder unha remisión total ou parcial da condena (indulto) ou a anulación da antixuridicidade do feito que motivou a condena (amnistía). De acordo coas leis vixentes en España, non pode aplicarse ao presidente e aos membros do goberno cando incorren en responsabilidade criminal, e os indultos xerais non están autorizados.

    4. edicto de gracia / [DER/HIST]

      Proclama coa que se concedía, periodicamente, por parte da Inquisición, un certo tempo para confesar algún acto heterodoxo sen incorrer nas penas previstas, ou con redución destas penas.

    5. prazo de gracia [DER]

      Ampliación do prazo de pago unha vez vencida a débeda.

  3. s f
    1. Calidade de algo que sorprende ou resulta curioso.

      Ex: Non ten graza o que lle fixestes ó coche.

    2. Dito ou feito sorprendente que resulta curioso.

      Ex: Menuda graza se lle ocorreu dicir no medio da reunión!

    3. Acción ou dito dun neno ou animal que causan admiración. OBS: Normalmente emprégase en plural.

      Ex: Os avós pasaron toda a tarde rindo as grazas dos netos. Por moitas grazas que lle facía o can, o dono non lle facía caso.

  4. s f [RELIX]

    Don ou auxilio sobrenatural de Deus polo que El prepara os homes para ser adoptados como fillos no seu Fillo polo Bautismo, converténdoos en herdeiros da vida eterna.

  5. s f pl

    Testemuño de agradecemento, especialmente feito con palabras. OBS: Emprégase normalmente na construción dar as gracias.

    Ex: Gracias por todos os favores que me fixeches. Non lle deu nin as gracias despois de todo o que fixo por el.

Refráns

  • Dereito ou torto, máis vale caer en gracia que ser gracioso.
  • Home que fai moitas gracias, tamén faí moitas faltas.
  • Vale máis caer en gracia que ser gracioso.