mercé
mercé
(< lat mercēde)
-
s
f
Beneficio de graza ou don que se concede, como favor especial, a algunha persoa.
Ex: Antes de que o metesen no cárcere implorou a mercé do rei.
Sinónimos: mercede. -
s
f
Antigo tratamento de cortesía que equivalía ao actual ‘vostede’. OBS: Empregábase acompañado do posesivo vosa.
Sinónimos: mercede.
Frases feitas
-
A mercé de loc prep Sometido ao arbitrio ou á vontade de algo ou alguén. Ex: Cando fomos de vacacións quedamos a mercé do tempo.