mercé

mercé

(< lat mercēde)

  1. Antropónimo feminino que ten a súa orixe no nome desta advocación. Vén do catalán Verge de la Mercé ‘Virxe da Mercé’, patroa de Barcelona desde 1637. A palabra mercé procede da latina merx, mercis ‘mercadoría’, ‘prezo dunha mercadoría, dun ben’, que despois pasaría a significar ‘misericordia, perdón’. Presenta as variantes Mercedes e Mercés, e os hipocorísticos Chiruca, Chirisa, Merche e Merchi. En Galicia ten sona o santuario de Nosa Señora da Mercé de Chanteiro. A Nosa Señora da Mercé é patroa dos concellos de Corcubión, Poio e Rairiz da Veiga, que a celebran o día 24 de setembro, e de Ares e Mugardos, que celebran o chamado Voto de Chanteiro o día 21 de maio.

  2. s f

    Beneficio de graza ou don que se concede, como favor especial, a algunha persoa.

    Ex: Antes de que o metesen no cárcere implorou a mercé do rei.

    Sinónimos: mercede.
  3. s f

    Antigo tratamento de cortesía que equivalía ao actual ‘vostede’. OBS: Empregábase acompañado do posesivo vosa.

    Sinónimos: mercede.

Frases feitas

  • A mercé de loc prep Sometido ao arbitrio ou á vontade de algo ou alguén. Ex: Cando fomos de vacacións quedamos a mercé do tempo.