Grada

Grada

Publicación deportiva editada na Coruña a partir do 5 de febreiro de 1992. Subtitulouse “Semanario deportivo gratuito”. Impreso por Editorial La Capital, a súa redacción e administración   correron a cargo do periódico El Ideal Gallego. Incluíu información relacionada co mundo do fútbol, o ciclismo, o baloncesto e o motor, entre outros deportes.