Grallás, San Estevo de
Grallás, San Estevo de
Igrexa parroquial situada no Páramo. De orixe románica (s XII), reformouse en épocas posteriores. Ten nave única, capela maior de planta cuadrangular e unha sancristía pegada no N. A porta principal é de arco de medio punto con dúas arquivoltas baquetonadas e tímpano con dúas estrelas incisas. No muro S consérvase outra porta de arco de medio punto con dúas arquivoltas, a exterior baquetonada e erixida sobre columnas con fustes lisos e capiteis vexetais, e a interior de sección recta. No tímpano hai dous pequenos arcos cegos con motivos cruciformes incisos.