Gran Canaria

Gran Canaria

Illa das Canarias, situada entre a de Tenerife e Fuerteventura (1.532 km2; 887.676 h [1996]). A capital é Las Palmas de Gran Canaria. De orixe volcánica, presenta unha forma case circular e está constituída por un macizo que acada a máxima altitude no Pozo de las Nieves (1950 m), no centro da illa. A poboación concéntrase no NL, que é a zona máis rica en agricultura; o 55% reside na capital. A produción de plátanos, localizada ao N e NL, e de tomates, ao S, é a riqueza principal. A industria concéntrase na zona NL e en Teide (industrias químicas, da construción, conserveiras e fábricas de elaboración de tabaco). Ten unha grande importancia o turismo.