granada

granada

(

  1. s f [BOT]

    milgranda.

  2. [BÉL]
    1. s f

      Proxectil cheo de material explosivo que se pode lanzar coa man (granada de man) ou cunha arma de fogo (granada de fusil). A explosión prodúcese por percusión ou mediante unha espoleta retardada.

    2. granada contrapersoal

      Proxectil de aceiro que leva unha carga interior de balotes esféricos de chumbo e antimonio, unidos en condicións normais por unha substancia aglutinante coa que forman unha masa compacta ata que se produce a explosión.

    3. granada de agresión química

      Proxectil que non produce metralla e que está cargado cunha substancia que provoca efectos lacrimóxenos, sufocantes ou tóxicos.

    4. granada de fume/granada fumíxena

      Proxectil similar á granada de agresión química pero coa carga de fósforo branco ou de calquera outra substancia fumíxena, que serve para diminuír a visibilidade creando nubes de fume que dificulten a percepción dos efectivos propios por parte do inimigo.

    5. granada incendiaria

      Proxectil cheo de pequenos cilindros cargados de material inflamable que pode ser unha mestura de aluminio en po e óxido de ferro, ou unha solución de fósforo branco con sulfuro de carbono, ou ben bencina xelatinizada con xabón de aluminio (napalm), ou algún outro inflamable reincidente.

    6. granada rompedora

      Proxectil constituído por un recipiente de aceiro ou de fundición de aceiro cheo dun potente explosivo. O efecto prodúcese pola onda explosiva e polas estelas nas que se fragmentan as diversas partes ao estouparen.

Palabras veciñas

Graña, A | Graña, castro da | Graña, Irene | granada | Granada | Granada | Granada