Grand Quevilly
Grand Quevilly
Cidade do departamento do Seine-Maritime, en Normandie, Francia (26.983 h [1996]). Posúe industria metalúrxica, siderúrxica, refinerías de petróleo e de construción naval. Fundada no s X, pertenceu ata 1793 aos señores de Sazilly. Do seu patrimonio cultural destacan o celeiro de Grand Aulnay (s XIII), o castelo de Montmorency (s XVIII), os baños municipais (1937) e o mercado cuberto (1953).