Grande Covián, Francisco
Bioquímico. Licenciouse en Medicina en Madrid (1931), ampliou os seus estudios en Dinamarca con Krogh e en Alemaña con Meyerhof, en temas de metabolismo. Discípulo de J. Negrín, durante a guerra estivo en Madrid, onde creou un instituto de alimentación que dirixiu J. Puche, e estudiou a patoloxía da desnutrición e algunhas avitaminoses. Traballou en Göttingen, Copenhaguen, Lund e Londres. Catedrático de Fisioloxía e Bioquímica da facultade de Medicina de Zaragoza (1950), en 1953 marchou á Universidade de Minneapolis (Minnessota) e dirixiu o laboratorio do Mount Sinai Hospital; posteriormente, foi profesor de bioquímica na facultade de Ciencias de Zaragoza (1974). É autor de traballos básicos sobre o metabolismo dos lípidos, en particular do colesterol, e a función do glucagón. Das súas obras destacan Nutrición y salud e Reflexiones sobre nutrición humana.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Colunga -
Deceso
Lugar : Madrid