Grande Penela, Antón

Grande Penela, Antón

Xornalista. Redactor xefe de Telelugo. Foi xefe de informativos de Radio Lugo-Cadena SER, redactor do xornal El Progreso, onde foi xefe das seccións de Suplemento e Cultura, e colaborou con traballos de creación literaria e ensaio en diversas publicacións. Ademais dos fascículos La guerrilla antifranquista en Lugo e El crimen de la media legua, escribiu os libros Pucharcas (1981) e Tabernarios (1992), e colaborou en Primeiras xornadas de teatro na radio (1989), Contos do camiño e Píntalo de verde. Obtivo en 1989 o Premio Galicia de Xornalismo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lugo