Granja, sucesos de La

Granja, sucesos de La

Nome co que son coñecidos os acontecementos que tiveron lugar no Real Sitio de La Granja de San Ildefonso en setembro de 1832 ao redor da cuestión da sucesión de Fernando VII. Tras agravarse a doenza do monarca, o primeiro ministro, F. T. Carlomarde, xunto co confesor real e varios membros do corpo diplomático, convenceron o rei para asinar un codicilo no que se derrogaba a Pragmática Sanción, sendo así recoñecidos os dereitos sucesorios do seu irmán, Carlos María Isidro de Borbón. Informada a infanta Luísa Carlota, irmá da Raíña María Cristina de Borbón, presentouse en La Granja e, co apoio da burguesía, convenceu a súa irmá e o rei para anular o codicilo, restituír a Pragmática Sanción e apartar do goberno a F. T. Carlomarde.