Granja de San Ildefonso, Real Sitio de La
Granja de San Ildefonso, Real Sitio de La
Conxunto real situado na serra de Guadarrama, a 11 km de Segovia. Construíuse por orde de Filipe V entre 1721 e 1739. O palacio e a colexiata comezounos Teodoro Ardemans (1723-1725). Isabel de Parma outorgoulle un aire italiano ao conxunto no que traballaron Andrea Procaccini, Sempronio Subiasti, Filippo Juvara e Giovanni Battista Sachetti. En 1740 Isabel de Farnese mandou construír os cuarteis e cortes no lado O, e a finais do s XVIII Juan de Villanueva erixiu a torre do reloxo. Os xardíns, de inspiración francesa ao xeito de Le Nôtre, proxectáronos René Carlier e E. Boutelou.