Granollers
Granollers
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (53.105 h [2001]). De orixe romana, converteuse na Idade Media no principal mercado de cereais da rexión. Vinculado desde 1418 a Barcelona, adquiriu o título de cidade en 1925. Do seu patrimonio cultural destacan o campanario de Sant Esteve (s XV), o Can Bassa (s XV), o edificio da Porxada (s XVI), a casa do Conestable (s XVI) e o hospital de San Domenech.