Grant, Ulysses Simpson
Grant, Ulysses Simpson
Militar e político, estadounidense. Coronel dos voluntarios de Illinois ao comezo da Guerra de Secesión, conseguiu a vitoria das tropas do N en Vicksburg (1863). En 1864 foi nomeado comandante en xefe do exército da Unión e aceptou a rendición do xeneral sudista Robert E. Lee (1865). Presidente dos EE UU durante dous mandatos (1868-1877), a súa política limitouse á represión dos sudistas e ao proteccionismo económico.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Point Pleasant, Ohio -
Deceso
Lugar : Mount MacGregor, Nova York