Graña Villar, Bernardino
Escritor. Licenciado en Filoloxía Románica, foi catedrático de Lingua e Literatura de ensino medio. Desde os dezaoito anos formou parte, xunto con Celso Emilio Ferreiro, do consello de redacción da revista de poesía Alba e durante a súa etapa de estudante en Salamanca (1955-1957) foi un dos impulsores da revista Clavero e da tertulia Marabunta, organizadora de encontros culturais e diversos recitais poéticos na universidade salmantina ao lado de Rafael Laínez Alcalá. En 1958 participou en Madrid na fundación do grupo Brais Pinto e colaborou en diversas publicacións. Incluído na Xeración das Festas Minervais, da súa produción destaca, Poema do home que quixo vivir (1958), Vinte mil pesos crime (1962), Contos populares da provincia de Lugo (1963), Profecía do mar (1966), O león e o paxaro rebelde (Premio O Facho 1969), Fins do mundo (1974), Sinfarainín contra don Perfeuto (1975), Non vexo Vigo nin Cangas (1975), Se o noso amor e os peixes Sar arriba andasen (Premio Galicia de Poesía do concello de Santiago de Compostela 1978), Os burros que comen ouro nunca cabalos serán (Premio Abrente de Teatro 1979), Sima-cima do voar tolo (1984), Planeta de ratos tolos (1990), Xan Guindán, capitán (1991), Himno verde (1992), Oso mimoso (1992), O gaiteiro e o rato Pérez (Premio Merlín de Literatura Infantil 1993), Xan Guindán, mensaxeiro (1994), Rata linda de Compostela (1994), Cristo e San Pedro, peregrinos (1994), Contra o león covarde (1995), Cantigas de Santa María (1996), O quirico lambón (1997) e Luz de novembro (1997). Impulsor e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), recibiu premios de poesía nas Festas Minervais da Universidade de Santiago de Compostela (1954, 1955, 1960 e 1962) e foi galardoado co Premio Antón Noriega Varela de Poesía (1969) e co Premio Irmandade do Libro (1992).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Cangas