Graz

Graz

Capital do land de Estiria, Austria, a 180 km ao SO de Viena, (240.967 h [1996]). Está situada á beira do Mur. Un contraforte dos Alpes, o Schlossberg (471 m), domina a cidade. Posúe talleres ferroviarios, fábricas de vehículos e industria téxtil de la, coiro e cervexa. É un centro universitario: Karl-Franzens Universität Graz, fundado en 1586. Construída ao redor do castelo, converteuse no s XII nun importante centro comercial. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a catedral gótica, as casas do Burg, o castelo de Eggenberg (s XVIII) e o edificio da Opera (s XIX). Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1999 e ostentou en 2003 a capitalidade europea da Cultura.