Greengard, Paul

Greengard, Paul

Científico. Doutorouse na Universidade Johns Hopkins de Baltimore (1953). Foi director do departamento de bioquímica dos Laboratorios de Investigación Geigy (Nova York), profesor no Colexio Albert Einstein (Nova York), da Escola universitaria de medicina de Yale (Connecticut) e da Universidade de Rockefeller (Nova York), na que dirixe o Laboratorio de Neurociencia Celular e Molecular. Realizou numerosos estudios sobre a función e a distribución no cerebro dos receptores da dopamina, e foi o primeiro en identificalos. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (2000), xunto con Eric Kandel e Arvid Carlsson, polos seus estudios sobre a transmisión de sinais no sistema nervioso.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Nova York