Greenwich
Greenwich
Cidade de Inglaterra, situada na área metropolitana de Londres, na beira dereita do Támesis, ata 1986 era un dos 32 distritos do Gran Londres, establecido en 1965 pola unión dos anteriores distritos de Greenwich e Woolwich (200.800 h [estim 1991]). No parque de Greenwich instalouse o antigo observatorio desde o que se fixou (1884) a posición do meridiano inicial, o National Maritime Museum e o Royal Naval College. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o palacio de Placentia (ss XV-XVII), o castelo de Vanburgh, a Queen’s House e o Old Royal Naval College.