Greenwich, Real Observatorio de

Greenwich, Real Observatorio de
Nome científico: [Royal Greenwich Observatory]

Observatorio astronómico fundado por Carlos II en Greenwich, no ano 1675, coa finalidade de proporcionar datos, imprescindibles para os navegantes de entón, para determinar a posición. No 1884 estableceu de forma arbitraria o meridiano de lonxitude 0°. No ano 1948, debido a que a contaminación atmosférica e a iluminación nocturna de Londres dificultaban as observacións, trasladouse ao castelo de Herstmonceux, próximo a Eastbourne (Sussex). Depende da University of Cambridge. Utilizou o grupo de telescopios Isaac Newton do observatorio do Roque de los Muchachos en Canarias, grazas a un acordo internacional.

Palabras veciñas

Greensboro | Greenwich | Greenwich Village | Greenwich, Real Observatorio de | 1 gregal | 2 gregal | gregarínido -da