gregario -ria
gregario -ria
(< lat gregarĭu)
-
adx
[BIOL]
Aplícase aos animais ou aos vexetais que teñen tendencia a agruparse formando asociacións. En xeral, os distintos individuos non se atopan unidos corporalmente e poden facer vida independente.
-
adx
-
Aplícase á persoa ou ás actitudes que defenden os intereses dun grupo ao que pertencen.
Ex: Hai colectivos profesionais que manteñen comportamentos moi gregarios.
-
Que asume os xuízos e actos alleos como se fosen propios, sen cuestionalos nin pararse a pensar por si mesmo.
Ex: Non acepta as actitudes gregarias dos seus amigos e berrou con eles.
-
-
s
[DEP]
doméstico.