Gregorio I o Magno, san
Papa (590-604). É un dos grandes padres da Igrexa Latina, foi prefecto urbano de Roma (572-574) pero retirouse á vida monástica no monte Celio (Roma). Nuncio de Pelaxio II en Constantinopla (579-586), sucedeuno na sé de Roma. Elixido papa no 590, acadou a paz cos longobardos a través de pactos e concordias (592) e estableceu as bases do Estado Pontificio ao gobernar de xeito autónomo as súas rexións. Denegoulle ao patriarca de Constantinopla o dereito a nomearse patriarca ecuménico e afirmou a primacía da Igrexa de Roma. Apoiou as misións evanxelizadoras entre os anglos (596) e colaborou na conversión dos francos. Esforzouse por reformar os costumes da Igrexa co tratado Regola pastorale. Os seus escritos, homilías, cartas e Diálogos foron moi populares durante a Idade Media. Codificou o canto gregoriano, que se converteu no canto oficial da Igrexa Latina e que substituíu o anterior canto ambrosiano. Na iconografía leva ornamentos papais (casula ancha, palio, tiara papal e pau con tres cruces) e, como atributos, unha maqueta dunha igrexa, un libro aberto e unha pomba. A súa festividade celébrase o 3 de setembro, inda que antes da reforma do calendario litúrxico (1969) se celebraba o 12 de marzo.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Roma