Greifswald
Greifswald
Cidade do land de Mecklenburg-Pomerania Occidental, Alemaña (66.700 h [1990]). Situada preto da desembocadura do Ryck, ten funcións portuarias e é un centro comercial de cereais, carbón e madeira. Tamén ten un centro de ensino superior: Ernst-Moritz-Arndt-Universität (1456). Fundada en 1241, integrouse na Liga Hanseática en 1270. Pasou a Suecia en 1648 e en 1815 foi cedida a Prusia. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a igrexa de San Nicolao (1250-1410), as casas medievais e o edificio da universidade (s XV).