grifón
grifón
(
s
m
[MIT/ARTE]
Animal mitolóxico de cabeza, peteiro e ás de ave rapaz e corpo de león, ocasionalmente con cola de serpe. Parece ter a súa orixe en Oriente Próximo, pois aparece en pinturas e esculturas mesopotámicas dos antigos babilonios, asirios e persas. Os romanos usárono simplemente con propósitos decorativos en frisos e en patas de mesas, altares e candelabros. Este motivo apareceu tamén nos primeros tempos do cristianismo nos bestiarios de san Basilio e santo Ambrosio. Posteriormente foi tema frecuente na escultura románica, e réplicas de pedra serven con frecuencia como gárgolas na arquitectura gótica da Baixa Idade Media. Tense empregado tamén como emblema heráldico e semella que orixinariamente era un símbolo de forza, vixilancia e protección.