Grignard, François Auguste Victor
Grignard, François Auguste Victor
Químico francés. Estudiou na Universidade de Lyon, onde se doutorou (1901). Foi profesor nas universidades de Nancy e Lyon. En colaboración con Philippe Barbier estudiou os compostos organomagnésicos e a introdución do grupo -CH3 en substancias orgánicas. Ideou a reacción de síntese que leva o seu nome, reacción de Grignard e os reactivos de Grignard. O seu Traité de chimie organique (1935), en 15 volumes, recolle os seus traballos. Recibiu o Premio Nobel de Química (1912), xuntamente con Paul Sabatier, polo descubrimento da reacción de Grignard.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Cherburgo -
Deceso
Lugar : Lyon