Grignard, reactivo de

Grignard, reactivo de
[QUÍM]

Cada un dos compostos organomagnésicos do tipo R-Mg-X, onde R pode ser un radical alquílico ou arílico, Mg un átomo de magnesio, e X un átomo dun halóxeno (cloro, bromo ou iodo, principalmente), que se obtén mediante a reacción R-X + Mg D R-Mg-X. Non se poden illar en estado puro porque se descompoñen con facilidade. Prepáranse mediante a mestura de limaduras de magnesio cun haluro orgánico en éter seco e atmosfera de nitróxeno. Empréganse en sínteses orgánicas, xa que reaccionan con case todas as substancias orgánicas agás os hidrocarburos, éteres e certas aminas. Dous reactivos que se usan moito son o ioduro de metil-magnesio (CH3-MGI) e bromuro de etil-magnesio (CH3-CH2-MgBr).