Groba, serra da
Groba, serra da
Aliñación montañosa do SO da Comunidade Autónoma de Galicia, que se estende entre os concellos de Baiona, Oia e O Rosal. O seu cumio constitúeno os 663 m do alto da Groba, que serve de límite ás parroquias de Belesar (Baiona) e Mougás (Oia). A característica máis peculiar da serra da Groba é a súa proximidade á liña de costa, da que a separa unha rasa estreita de menos de 1 km de largo.