Groba Pérez, Mercedes
Pintora. Formouse co pintor catalán J. Marcé. As súas primeiras obras, principalmente paisaxes, caracterizáronse polo emprego de tons puros, planos e intensos, ás veces impresionistas. Desde 1994 cobrou máis importancia o elemento en particular, sobre o conxunto da paisaxe, e a cor, que se converteu na protagonista do lenzo. Empregou os tons intensos e rechamantes, azuis, vermellos, amarelos, verdes ou morados. Realizou exposicións en Galicia, Catalunya e Portugal, e participou, entre outras mostras colectivas, na IX e X Mostra de Pintura e Escultura do Morrazo (2001-2002), no 38 Certamen de Artes Plásticas San Isidro (Madrid, 2001) e na Feria de Arte Independente de Madrid (2002). Recibiu, entre outros galardóns, o I Premi Surrealisme Federació Internacional d’Artistes Plàstiques (2001).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vigo